Family unrecorded

Danza branca

As danzas brancas, ou danzas gremiais, son danzas rituais ligadas habitualmente á procesión dunha virxe ou santo. Celébranse tamén noutras datas sinaladas como no día de reis, no Entroido, polo Corpus Christi ou nas festas patronais.

No licensed photograph yet
Four in five rooms open without one. Add a photograph with a declared licence and your credit sits under it, permanently.
Archival typographic plate · seeded for Danza branca+ Add licensed photo →
Understand in 30 Seconds · In Plain Words

Quick guide to Danza branca

Sourced or Silent · CC BY-SA 4.0

As danzas brancas, ou danzas gremiais, son danzas rituais ligadas habitualmente á procesión dunha virxe ou santo.

01 · What it is
Living Tradition

Documented cultural tradition on record; family classification awaits an editor.

02 · Where & name
Geography awaiting source

Add a cited source naming the region or community that carries it.

03 · How it is doing
□□□□ (Not yet assessed)

Documented in open cultural records, but no cited field assessment of its current vitality has been added here yet.

04 · Proof & reuse
2 cited sources

Every claim links to a public record below. Free to quote, teach, and share under CC BY-SA 4.0.

Chapter Takeaways
OrixeMalia teren unha orixe pagán para algúns estudosos, os primeiros rexistros documentais asocian as danzas brancas coas sociedades gremiais dos séculos XVI e XVII.
CaracterísticasAs danzas desenvólvense polo xeral no adro da igrexa, ás veces como acto previo ao inicio dunha procesión relixiosa.
TiposAtendendo os instrumentos empregados polos danzantes, as danzas pódense clasificar nos seguintes tipos: arcos, castañolas, espadas, fitas ou paus.
Danzas conservadasNo ano 2008 anunciouse a creación da Asociación Galega de Concellos con Danzas Brancas, constituída coa intención de rescatar todo este patrimonio, sumándose á proposta a maioría dos concellos que conservan algunha…
Common Questions Answered on Record
What is Danza branca in plain words?

As danzas brancas, ou danzas gremiais, son danzas rituais ligadas habitualmente á procesión dunha virxe ou santo.

Where is Danza branca practised or documented?

No verified geographic place has been linked on record yet — editors can add a cited place from the edit page.

What is the current condition of Danza branca today?

□□□□ (Not yet assessed): Documented in open cultural records, but no cited field assessment of its current vitality has been added here yet.

How do I cite or share this Danza branca entry?

Cite as: "Danza branca." folkroom, https://folkroom.org/art-forms/danza-branca, text CC BY-SA, with attribution.

Share or cite this roomNo tracking · CC BY-SA 4.0
WhatsAppXLinkedInRedditFacebook

The tradition & historical record

4 min read · 2 sources

As danzas brancas, ou danzas gremiais, son danzas rituais ligadas habitualmente á procesión dunha virxe ou santo. Celébranse tamén noutras datas sinaladas como no día de reis, no Entroido, polo Corpus Christi ou nas festas patronais. Con probábel orixe nas asociacións gremiais de artesáns da Idade Media, consérvanse hoxe máis de trinta destas danzas por todo o territorio galego. 1

Orixe

Malia teren unha orixe pagán para algúns estudosos, os primeiros rexistros documentais asocian as danzas brancas coas sociedades gremiais dos séculos XVI e XVII. Estas organizacións de artesáns participaban nas festas de vilas e cidades executando cadansúa danza cerimonial. En Compostela, por exemplo, saían até doce agrupacións no día do Corpus Christi: prateiros, ferreiros, carniceiros, xastres, tecedores, barbeiros, acibecheiros, correeiros, pedreiros, carpinteiros, armeiros e zapateiros. Os gremios foron abolidos na época do liberalismo, porén, a tradición das danzas continuou da man de confrarías de mariñeiros ou da propia veciñanza das parroquias. 1

Características

As danzas desenvólvense polo xeral no adro da igrexa, ás veces como acto previo ao inicio dunha procesión relixiosa. Como esquema xeral, comezan cunha reverencia inicial, seguida da parte coreográfica da propia danza na que, nunha serie de movementos e cruces prefixados, os danzantes baten paus, espadas, trenzan fitas de cores arredor dun mastro ou danzan con arcos. O evento finaliza cunha nova reverencia. A denominación "danzas brancas" provén do emprego polos danzantes das pezas de roupa branca que van por baixo da vestimenta tradicional: camisas, cirolas, enaguas etc. Se ben cada lugar complementa esta indumentaria de distintos xeitos engadindo faixas vermellas, bandas cruzando o peito, chapeus con fitas etc. A maioría das danzas acompáñanse musicalmente por grupos de gaiteiros, e nalgunha aparecen tamén figuras festeiras como abandeirados, demos, comparsas de xigantes e cabezudos ou cocas. Estas últimas, representacións medievais de dragóns, mantéñense en Betanzos e Redondela, lugar onde tamén se conservaron as penlas, nenas vestidas de branco e con ás de anxo que bailan nos ombros de dúas mulleres (chamadas burras) mentres se efectúa unha danza de espadas. As danzas gremiais foron prohibidas no século XVIII a instancias da igrexa católica, que as consideraba propias do paganismo supersticioso. Polos mesmos motivos sufriron graves problemas durante o franquismo. En Ourense, por exemplo, celebráronse até o ano 1956 cando, por orde do bispo Temiño Sáiz, a música e a danza foron prohibidas nas procesións, o que provocou a súa desaparición. 1

Tipos

Atendendo os instrumentos empregados polos danzantes, as danzas pódense clasificar nos seguintes tipos: arcos, castañolas, espadas, fitas ou paus. Porén na maioría delas empréganse varios deles, ou todos, durante a danza. Existen tamén os ranchos de reis, que se ben hoxe gardan gran similitude co resto das danzas, eran en orixe agrupacións de veciños que percorrían as parroquias durante as festividades do Nadal, aninovo e reis. 1

Danzas de Arcos: os danzantes levan arcos flexíbeis agarrados polos extremos. Nalgunhas danzas suxéitanse cunha man mentres coa outra agárrase o dun compañeiro creando unha liña de bailadores que se move facendo figuras. Danzas de espadas: os danzantes terman das espadas creando ringleiras e outras figuras dirixidos por un guía. Danzas de castañolas: os danzantes empregan castañolas para marcar o ritmo da marcha ou do baile. Danzas de fitas: os danzantes móvense arredor dun mastro do que penduran fitas de cores, termando cada un da súa mentres danzan trenzándoas e facendo figuras. Danzas de paus: os danzantes levan dous paus que baten entre si ou co dos outros mentres se leva o ritmo da danza. Danzas de reis: inclúense no repertorio dos ranchos de reis, grupos de veciños, dalgúns lugares do sur de Pontevedra, que percorren as casas pedindo o aguinaldo na noite de reis. 1

Danzas conservadas

No ano 2008 anunciouse a creación da Asociación Galega de Concellos con Danzas Brancas, constituída coa intención de rescatar todo este patrimonio, sumándose á proposta a maioría dos concellos que conservan algunha destas danzas, até vinte e un. Enuméranse a continuación algunhas das danzas galegas existentes ou xa desaparecidas. 1

The text above is adapted from the Wikipedia article “Danzas brancas”, available under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 licence. 1

Danza branca is recorded in open cultural data. The structured record cited below does not describe the practice, and this entry has not yet been reviewed by a person familiar with the tradition. 2

No recording linked yet — know one? Point at it →
Sources on Record
[1]Wikipedia: Danzas brancas · encyclopedia
Sourced or Silent · Still Open

Questions awaiting a cited source

+ Answer with a source →
How many people perform it today?
When is it first attested, and by whom?
What does it look like? No licensed photograph yet.