Family unrecorded

danzas e contradanza de Darbo

Spain

A danza e contradanza de Darbo é unha danza branca propia da parroquia canguesa de Darbo.

O inicio da danza. Para ver o video: www.youtube.com/watch?v=0tTRtxb-OJU
Photo: Rubén Bastón · CC BY 2.0+ Add licensed photo →
Understand in 30 Seconds · In Plain Words

Quick guide to danzas e contradanza de Darbo

Sourced or Silent · CC BY-SA 4.0

A danza e contradanza de Darbo é unha danza branca propia da parroquia canguesa de Darbo.

01 · What it is
Living Tradition

Documented cultural tradition on record; family classification awaits an editor.

02 · Where & name
Spain

Placed on record in Spain.

03 · How it is doing
□□□□ (Not yet assessed)

Documented in open cultural records, but no cited field assessment of its current vitality has been added here yet.

04 · Proof & reuse
2 cited sources

Every claim links to a public record below. Free to quote, teach, and share under CC BY-SA 4.0.

Chapter Takeaways
EstruturaA distribución dos danzantes é a seguinte: fórmanse tres ringleiras paralelas con cinco individuos en cada unha, nas exteriores póñense os homes ou galáns.
VestimentaO traxe dos homes (galáns) está formado por pantalóns e chalecos negros, faixa, camisa branca, cirolas, polainas e chapeus, ademais os homes levan pendentes.
A recuperación da danza perdidaO pulo máis importante para a recuperación da danza propiciouno a Asociación Cultural Lembranzas da Ría —que se encarga de recuperar o folclore típico do Morrazo—.
Outros artigosDanzas brancas Entroido tradicional de Darbo Entroido de Meira
Common Questions Answered on Record
What is danzas e contradanza de Darbo in plain words?

A danza e contradanza de Darbo é unha danza branca propia da parroquia canguesa de Darbo.

Where is danzas e contradanza de Darbo practised or documented?

Sources on this page place danzas e contradanza de Darbo in Spain.

What is the current condition of danzas e contradanza de Darbo today?

□□□□ (Not yet assessed): Documented in open cultural records, but no cited field assessment of its current vitality has been added here yet.

How do I cite or share this danzas e contradanza de Darbo entry?

Cite as: "danzas e contradanza de Darbo." folkroom, https://folkroom.org/art-forms/danzas-e-contradanza-de-darbo, text CC BY-SA, with attribution.

Share or cite this roomNo tracking · CC BY-SA 4.0
WhatsAppXLinkedInRedditFacebook

The tradition & historical record

3 min read · 2 sources

A danza e contradanza de Darbo é unha danza branca propia da parroquia canguesa de Darbo. Encádrase dentro das danzas gremiais (ou danzas brancas) que se escenifican no día da romaría consagrada a Santa María, o 8 de setembro no adro da igrexa parroquial, logo da misa das 12:30 e a procesión. Danzan xuntos damas e galáns e na súa orixe pretendía combater enfermidades pandémicas e pestes. Estivo esquecida durante décadas e foi recuperada anos 80 por vontade popular. 1

Estrutura

A distribución dos danzantes é a seguinte: fórmanse tres ringleiras paralelas con cinco individuos en cada unha, nas exteriores póñense os homes ou galáns. Na ringleira central van as mulleres ou damas máis o guía, os primeiros de cada fila son os contraguías. Consta de dúas partes, a primeira é a máis lenta onde se levan a cabo intercambios das posicións das ringleiras ao tempo que se desprazan cunha coreografía. A segunda parte amenízase con muiñeiras. Adoitan tamén acompañar a danza con melodías de valses, pasodobres, alboradas e outras melodías interpretadas por gaiteiros. 1

Vestimenta

O traxe dos homes (galáns) está formado por pantalóns e chalecos negros, faixa, camisa branca, cirolas, polainas e chapeus, ademais os homes levan pendentes. As mulleres portan camisa branca e saias brancas con puntilla, mandil negro, un pano na cabeza e sobre os ombros mantón de caxemira. O máis salientable é que adornan a súas cabezas con sombreiros florais feitos de maneira artesanal par cada danzante. O guía de damas leva entre as flores plumas de pavón e o mantón cruzado. 1

A recuperación da danza perdida

O pulo máis importante para a recuperación da danza propiciouno a Asociación Cultural Lembranzas da Ría —que se encarga de recuperar o folclore típico do Morrazo—. No ano 1985 comezaron a investigación para traer de volta esta singular danza, esquecida durante 71 anos, botando man das memorias dos veciños no principio. Pero o que marcou a diferenza foi dar con Antonia Martínez Seijas, unha muller da Coruña que rexistrara tempo atrás en papel a música e os pasos. Consultáronse tamén cancioneiros entre os que destacan os de Casto Sampedro. Para contrastar as fontes botaron man dos arquivos fotográficos do entroido recuperados das fotos de Mil Homes —taberna histórica da comarca— e do Museo de Pontevedra. Xunto a Lembranzas da Ría tamén destaca a figura de Belén Guimeráns, presidenta da Asociación da Danza de Darbo ata a súa retirada no 2018. Durante 31 anos dedicouse a recuperar e conservar esta danza e contradanza. A singularidade desta representación folclórica fai que, xunto as danzas do Hío e Aldán —cunhas características similares— a Xunta decidise incluílas na lista de festa galegas de interese turístico baixo a denominación de Danzas ancestrais. 1

Outros artigos

Danzas brancas Entroido tradicional de Darbo Entroido de Meira 1

Ligazóns externas

Web da asociación cultural Lembranzas da Ría Cartel da romaría no 2019 Arquivado 17 de marzo de 2023 en Wayback Machine. Web Turismo Galicia 1

The text above is adapted from the Wikipedia article “Danza e contradanza de Darbo”, available under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 licence. 1

danzas e contradanza de Darbo is recorded in open cultural data. The structured record cited below does not describe the practice, and this entry has not yet been reviewed by a person familiar with the tradition. 2

No recording linked yet — know one? Point at it →
Sourced or Silent · Still Open

Questions awaiting a cited source

+ Answer with a source →
How many people perform it today?
When is it first attested, and by whom?