The tradition & historical record
2 min read · 1 sourceEquiocio é un evento multidisciplinar cun eixe no mundo dos cabalos que se celebra en Covas desde 1992. Nel desenvólvense competicións que abarcan múltiples disciplinas relacionadas co deporte pero tamén coa industria ecuestre e que ten como complemento unha grande oferta de lecer dirixida a toda a familia. En 2017, o mesmo escenario, representa o nacemento dun novo Equiocio, con máis deporte, máis actividades, máis natureza, máis conciencia... 26 anos avalan este evento que foi pioneiro no seu formato, que combina o deporte coa cultura, o turismo, o lecer e a súa crecente participación con diferentes organizacións cun obxectivo común. Cun programa de actividades que serven de polo de atracción para persoas de todas as idades, especialmente para os miles de nenos que participan nos diferentes talleres cada ano, converténdose nunha das principais obras de Equiocio, que representa a a contratación dun gran número de familias. Catalogada pola prensa como "referencia ecuestre", Equiocio conta co apoio de cabaleiros e amazonas, cunha media de 220 cabalos, procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Madrid e unha ampla representación de Portugal.
The text above is adapted from the Wikipedia article “Equiocio”, available under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 licence.
Equiocio is recorded in open cultural data. The structured record cited below does not describe the practice, and this entry has not yet been reviewed by a person familiar with the tradition. 1