Family unrecorded

Stonehaven Fireball Festival

United Kingdom

O festival das bólas de lume de Stonehaven é unha antiga celebración que ten lugar na noite de fin de ano nesta viliña do nordeste de Escocia.

No licensed photograph yet
Four in five rooms open without one. Add a photograph with a declared licence and your credit sits under it, permanently.
Archival typographic plate · seeded for Stonehaven Fireball Festival+ Add licensed photo →
Understand in 30 Seconds · In Plain Words

Quick guide to Stonehaven Fireball Festival

Sourced or Silent · CC BY-SA 4.0

O festival das bólas de lume de Stonehaven é unha antiga celebración que ten lugar na noite de fin de ano nesta viliña do nordeste de Escocia.

01 · What it is
Living Tradition

Documented cultural tradition on record; family classification awaits an editor.

02 · Where & name
United Kingdom

Placed on record in United Kingdom.

03 · How it is doing
□□□□ (Not yet assessed)

Documented in open cultural records, but no cited field assessment of its current vitality has been added here yet.

04 · Proof & reuse
2 cited sources

Every claim links to a public record below. Free to quote, teach, and share under CC BY-SA 4.0.

Chapter Takeaways
Características básicasAs celebracións de Hogmanay, a festa de fin de ano escocesa, adquiren unhas características peculiares en Stonehaven, unha pequena vila costeira situada 25 kms.
HistoriaAs primeiras noticias deste festival de bólas de lume remóntanse ao século XIX, pero crese que é moito anterior.
AdemaisNese día, en Stonehaven faise unha pequena festa ao aire libre, que se estende dende o serán do 31 ata a madrugada do día 1.
Common Questions Answered on Record
What is Stonehaven Fireball Festival in plain words?

O festival das bólas de lume de Stonehaven é unha antiga celebración que ten lugar na noite de fin de ano nesta viliña do nordeste de Escocia.

Where is Stonehaven Fireball Festival practised or documented?

Sources on this page place Stonehaven Fireball Festival in United Kingdom.

What is the current condition of Stonehaven Fireball Festival today?

□□□□ (Not yet assessed): Documented in open cultural records, but no cited field assessment of its current vitality has been added here yet.

How do I cite or share this Stonehaven Fireball Festival entry?

Cite as: "Stonehaven Fireball Festival." folkroom, https://folkroom.org/art-forms/stonehaven-fireball-festival, text CC BY-SA, with attribution.

Share or cite this roomNo tracking · CC BY-SA 4.0
WhatsAppXLinkedInRedditFacebook

The tradition & historical record

3 min read · 2 sources

O festival das bólas de lume de Stonehaven é unha antiga celebración que ten lugar na noite de fin de ano nesta viliña do nordeste de Escocia. 1

Características básicas

As celebracións de Hogmanay, a festa de fin de ano escocesa, adquiren unhas características peculiares en Stonehaven, unha pequena vila costeira situada 25 kms. ao sur de Aberdeen. O festival das bólas de lume consiste no paseo, durante os primeiros minutos do ano novo, dunhas pesadas bólas de tramo e arame, enchoupadas de combustíbel, que os performantes fan virar por riba da súa cabeza. Logo de percorrer varias veces a rúa principal de Stonehaven diríxense ao porto, onde as guindan, aínda acesas, ao mar. Participan nesta marcha 60 persoas, entre homes e mulleres, todos residentes en Stonehaven. As súas idades varían dende a vintena ata ben entrados os setenta. Visten tanto formal, con kilt e chaqueta tradicional, como informal, con roupas descoidadas que poidan verse afectadas polo lume sen gran dano. As bólas de lume son unhas estruturas semellantes ao martelo do atletismo, é dicir, un peso nun extremo, un arame longo (1.5 metros) e no outro extremo unha argola de forma triangular, cunha parte máis resistente para asir mellor o trebello. Este sistema dálle unha gran mobilidade, e ao igual ca no atletismo, permite que os paseadores das bólas as fagan virar ao seu redor sen facer pausas, pero tamén a custa dun grande exercicio físico. Os pesos dos extremos consisten nunhas mallas de arame, de formas e tamaños diversos (entre un balón de fútbol e unha roda dun coche), cheas no seu interior de trapos, madeiras, piñas, carbón, parafina, cartóns e outros materiais de restroballo. Estas bólas ou paquetes enchóupanse en gasolina e préndeselles lume antes de comezar o paseo. 1

Historia

As primeiras noticias deste festival de bólas de lume remóntanse ao século XIX, pero crese que é moito anterior. Durante os primeiros anos do século XX viviu unha época de esplendor, pero na posguerra entrou en decadencia. Só a existencia de premios ás mellores bólas de lume fixo que a poboación recuperase o interese nos últimos anos do século pasado. En Escocia, o día de fin de ano ou Hogmanay destínase a limpar as casas en profundidade, así como os faiados, os pendellos e os garaxes, guindando con roupa, madeiras e outros restos ao lume. É frecuente que nas distintas celebracións desta festa por toda Escocia se queimen bonecos ou se fagan laradas, como no noso Entroido ou na nosa noite de San Xoán. É pois un ritual de purificación, que Stonehaven acaba por ter esta forma de paseo. Con todo, hai quen sinala que en tempos antigos un cometa debeu aparecer sobre os ceos de Stonehaven, coincidindo cunha época de especial fartura. Así pois, o ritual das bólas de lume sería un chamamento á fertilidade dos agros e das costas. 1

Ademais

Nese día, en Stonehaven faise unha pequena festa ao aire libre, que se estende dende o serán do 31 ata a madrugada do día 1. Durante ese tempo funcionan atraccións de feira, hai un palco onde actúan grupos locais e os bares e pubs abren ata tarde. Na casa do concello tamén se celebra unha tradicional ceilidh, para a que é necesario mercar entradas varios días antes. O propio festival das bólas é precedido por dous conxuntos, un de gaiteiros tradicionais, vestidos totalmente de negro, e un de tambores e bombos modernos. 1

The text above is adapted from the Wikipedia article “Bólas de lume de Stonehaven”, available under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 licence. 1

Stonehaven Fireball Festival is recorded in open cultural data. The structured record cited below does not describe the practice, and this entry has not yet been reviewed by a person familiar with the tradition. 2

No recording linked yet — know one? Point at it →
Sourced or Silent · Still Open

Questions awaiting a cited source

+ Answer with a source →
How many people perform it today?
When is it first attested, and by whom?
What does it look like? No licensed photograph yet.